presentación

Presentación da nova campaña de Ponte... nas ondas!

Venres, 17 de outubro de 2014 ás 12:00 horas
Presentación da nova campaña de Ponte... nas ondas!

O vindeiro venres, 17 de outubro, a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas!, co apoio de institucións de Galicia e Portugal, entre as que está o Consello da Cultura Galega, convoca unha rolda de prensa na que presentará unha nova campaña da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués na UNESCO. Este ano goza de especial interese porque se cumpren dez anos da primeira presentación da candidatura.

Na rolda de prensa haberá unha actuación musical a cargo de Uxía Senlle e Augusto Canario.

Intervirán: Olinda de Sousa e Santiago Veloso. Ponte…nas ondas! Xosé Manuel González Reboredo, Museo do Pobo Galego; Jose Maria Costa, presidente da Cámara de Viana do Castelo e da Rede Internacional de Entidades Transfronteirtizas, RIET; Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia; Jesús Gamallo Ayer, director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia e Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega

Conectate o Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova: