exposición

LUCES DE ALéN MAR

Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia

Na Sociedade amigos da paisaxe galega (A Coruña), do 3 de novembro ao 14 de novembro de 2014
Información

O Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega vén traballando desde os seus inicios, en 1992, na recuperación e posta en valor da memoria e dos importantes legados dos emigrantes galegos. Así, prestou atención ás accións solidarias e exemplarmente altruístas daqueles que financiaron, implementaron, custearon e sostiveron as construcións escolares, retribuíndo a Galicia coas remesas propiciadoras da escolarización e da instrución. Un caso único o de Galicia, por certo, na historia das colectividades de emigrantes.

Para a realización destes e doutros proxectos de recuperación, ordenación e estudo do patrimonio legado polos nosos emigrantes contou e conta, o Consello da Cultura Galega coa colaboración e axuda da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia. Esta parcería fixo posible, entre outros proxectos, a catalogación das construcións escolares financiadas polos emigrantes nas catro provincias galegas e tamén, a exposición que agora presentamos.

Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia vén a subliñar, dunha parte, a dimensión da efeméride do centenario fundacional das Sociedades Galegas de Instrución radicadas en América e, doutra, as súas realizacións académicas nas localidades de procedencia dos emigrantes.

A exposición está no Casino Progreso de Franza, que podes coñecer dentro do noso proxecto Escolas da Emigración

Ficha técnica
Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia
Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia
Exposición. Na Sociedade amigos da paisaxe galega (A Coruña), do 3 de novembro ao 14 de novembro de 2014
Ámbito
Comisión de Acción Exterior (CCG)

LUGAR
Sociedade amigos da paisaxe galega
Avenida Bello Piñeiro, 5-O
Seixo- Mugardos
A Coruña