Xogar coa cultura

Xoves, 5 de marzo de 2015
Xogar coa cultura

O xogo é tan antigo coma o ser humano pois xa Herodoto recollía nos seus escritos distintas dinámicas de xogo propias da Antiga Grecia. Dende entón até hoxe, os seres humanos gozamos de distintos xogos que, coa eclosión do mundo dixital, se trasladaron á contorna online e se expandiron a soportes diferentes (especialmente grazas ao despregamento dos dispositivos móbiles), en modalidades múltiples e en diversos sectores. Con todo, quizais o seu recoñecemento público non chega até a consideración da industria dos videoxogos como industria cultural (feito que, en España, non se produce até 2009). Esta tendencia cara á ludificación (ou gamificación) é detectable en moitos outros ámbitos. A ciencia, a educación, o cinema, as novas narrativas, a comunicación corporativa e, en xeral, as distintas industrias culturais aproveitan as dinámicas propias do xogo para tentar atraer a atención e fidelizar un usuario máis participativo. O xogo como ferramenta comunicativa e de coñecemento será o eixe central desta xornada do Consello da Cultura Galega que une industria, tradición popular, ciencia, emprendemento e públicos. 

Conectate o Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova: