actividade institucional

Rolda de prensa: Presentación publicacións sobre Rosalía e Cunqueiro

Venres, 27 de febreiro de 2015 ás 12:00
Rolda de prensa: Presentación publicacións sobre Rosalía e Cunqueiro

O vindeiro venres, 27 de febreiro ás 12:00 horas, o Consello da Cultura Galega presentará as publicación dixitais que xurdiron das participacións recibidas nos congresos Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada,e Mil e un Cunqueiros, desenvolvidos pola institución en 2013 e 2011 respectivamente. Na rolda de prensa darase conta da relevancia destas publicacións, así como dos traballos precisos para a súa divulgación

Intervirán: Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega; Rosario Álvarez, vicepresidenta do Consello da Cultura Galega; Dolores Vilavedra, membro do Plenario da institución; Anxo Angueira, membro do Plenario en representación da Fundación Rosalía de Castro

Conectate o Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova: