Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia

Exposición. Luces de alén mar

Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia

Salceda de Caselas (Pontevedra), do 7 de marzo ao 27 de marzo de 2015
Salceda de Caselas
Exposición
Luces de alén mar

Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia

Salceda de Caselas (Pontevedra), do 7 de marzo ao 27 de marzo de 2015 Salceda de Caselas

O Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega vén traballando desde os seus inicios, en 1992, na recuperación e posta en valor da memoria e dos importantes legados dos emigrantes galegos. Así, prestou atención ás accións solidarias e exemplarmente altruístas daqueles que financiaron, implementaron, custearon e sostiveron as construcións escolares, retribuíndo a Galicia coas remesas propiciadoras da escolarización e da instrución. Un caso único o de Galicia, por certo, na historia das colectividades de emigrantes.


Para a realización destes e doutros proxectos de recuperación, ordenación e estudo do patrimonio legado polos nosos emigrantes contou e conta, o Consello da Cultura Galega coa colaboración e axuda da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia. Esta parcería fixo posible, entre outros proxectos, a catalogación das construcións escolares financiadas polos emigrantes nas catro provincias galegas e tamén, a exposición que agora presentamos.


Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia vén a subliñar, dunha parte, a dimensión da efeméride do centenario fundacional das Sociedades Galegas de Instrución radicadas en América e, doutra, as súas realizacións académicas nas localidades de procedencia dos emigrantes.


NOTA: Co gallo do 95 aniversario da fundación de "Hijos de Entienza", que foi a sociedade que promoveu a creación da casa-escola desa parroquia, a exposición trasládase os días 21 e 22 ao edificio da casa-escola.

Publicación
Luces de Alén Mar
Luces de Alén Mar As escolas de americanos en Galicia. Edición revisada e ampliada
Carolina García Borrazás, Documentación. María Teresa García Domínguez, Documentación. Vicente Peña, Comisariado. | 2013
Máis información
Esta exposición foi inaugurada o 28/6/2012
- Itinerancias
- Como solicitar a exposición
Ficha técnica
Exposición.
Luces de alén mar
Luces de alén mar. As escolas de americanos en Galicia
Data
Salceda de Caselas (Pontevedra), do 7 de marzo ao 27 de marzo de 2015
Lugar

LUGAR
Casa da Cultura Castelao
Rúa Dr. Zunzunegui, 7
36470 Salceda de Caselas
Pontevedra

Ámbito
Comisión de Acción Exterior (CCG)
Colabora
Secretaría Xeral de Emigración
Organiza
Arquivo da Emigración Galega (CCG)
Consello da Cultura Galega