presentación.

Disco «Soños cumpridos» de María do Ceo

Xoves, 12 de marzo de 2015 ás 19:00
Temáticas: Arte |
Información

Con dez discos no mercado discográfico e unha carreira por diferentes auditorios de Galicia, España, Portugal, Italia, Francia, Alemaña, Exipto e diversos países americanos, a cantante María do Ceo presenta Soños cumpridos, o seu disco número once, cun concerto que terá lugar o xoves 12 de marzo ás 19:00 horas no Consello da Cultura Galega.

O Libro-CD consta de 35 páxinas e 14 cancións e conta coa colaboración de diferentes artistas como Antón Reixa, Antonio Piñeiro, Luis García Mañá, Luís García Tosar e Armando González, este último letrista dunha ducia de pezas do disco.

Ficha técnica
Disco «Soños cumpridos» de María do Ceo
Disco «Soños cumpridos» de María do Ceo
Presentación. Xoves, 12 de marzo de 2015 ás 19:00

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205

Autoria
María Do Ceo