actividade institucional

Banda deseñada «Vivir no solo»

Mércores, 11 de marzo de 2015 ás 12:00
Banda deseñada «Vivir no solo»

Co gallo do Ano Internacional dos Solos 2015 a Delegación da Sociedad Española de la Ciencia del Suelo (SECS) en Galicia e o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) promoveron a edición en español, con novos contidos, da banda deseñada Vivir no Solo, editado polo Consello da Cultura Galega no ano 2000, para a difusión no resto de España.

Na rolda de prensa do mércores 11 de marzo ás 12:00 horas, intervirán: Francisco Díaz Fierros, vicepresidente e co-autor da banda deseñada; Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, coordinador institucional do CSIC en Galicia; Montserrat Díaz Raviña, científica do CSIC no IIAG e presidenta da Delegación da SECS en Galicia; María Antón Vilasánchez, concelleira de Cultura e Patrimonio do Concello de Santiago de Compostela; Marilar Aleixandre, escritora, catedrática de Didáctica das Ciencias da USC e membro da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega e Fran Bueno, autor da banda deseñada.

Conectate o Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova: