actividade institucional

Edición facsimilar de «Os nenos»

Venres, 10 de abril de 2015 ás 12:00 horas
Edición facsimilar de «Os nenos»

O vindeiro venres 10 de abril ás 12:00 horas, o Consello da Cultura Galega (CCG) presentará a edición facsimilar, con traballos de contextualización literaria e artística, da obra de Xosé Filgueira Valverde Os nenos. É a publicación que se insire dentro das actividades previstas polo CCG para conmemorar o Día das Letras Galegas.

Na rolda de prensa darase conta da análise crítica e literaria da obra e da súa significación dentro da traxectoria do homenaxeado. A presentación ten un valor engadido xa que foi o propio Filgueira quen, sendo presidente da institución, deseñou esta colección de libros conmemorativos para editar un texto representativo da obra do autor escollido.

Intervirán: Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega; Fernando Filgueira Iglesias, presidente da Fundación Filgueira Valverde e David Pintor, ilustrador.

Conectate o Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova: