presentación

Libro «Invisible Inmigrants»

Mércores, 22 de abril de 2015 ás 12:30
Información

Invisible Inmigrants, rememora o periplo dos españois, boa parte deles galegos, que viaxaron durante a vaga de emigración europea aos Estados Unidos de América.

Na presentación do mércores 22 de abril ás 12:30 horas, detallarase o contido do libro, financiado a cargo dunha campaña de micromecenado no que participaron máis de 350 persoas. A publicación forma parte do proxecto de investigación “Ni frailes ni conquistadores: Spanish Immigrants in the US”, que xurdiu para crear un arquivo co legado deixado polos emigrantes entre Estados Unidos e España.

Asistirán: os autores da publicación, Luis Argeo e James D. Fernández; xunto con Anthony Carreño, representante do Centro Español de Tampa (Florida); Laura Goyanes, descendente de galegos e Pilar Cagiao, membro do Arquivo da Emigración Galega.

 

Ficha técnica
Libro «Invisible Inmigrants»
Libro «Invisible Inmigrants»
Presentación. Mércores, 22 de abril de 2015 ás 12:30
Ámbito
Comisión de Acción Exterior (CCG)
Autoria
Luis Argeo
James D. Fernández
Participante
Laura Goyanes
Presenta
Pilar Cagiao
Anthony Carreño

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205