actividade institucional.

Rolda de prensa da nova canle de divulgación científica en internet

Luns, 6 de xullo de 2015 ás 11:30
Información

O Consello da Cultura Galega acolle o luns 6 de xullo ás 11:30 horas, a presentación da canle de divulgación científica que pretende dar a coñecer a situación da ciencia en relación con Galicia.

Na rolda estarán presentes: Francisco Díaz-Fierros, vicepresidente do Consello da Cultura Galega; Marilar Aleixandre, membro da sección de Ciencia, Natureza e Sociedade; e a xornalista especializada en divulgación científica Iolanda Casal e Manuel Gago, director de Culturagalega.gal, que darán conta dos criterios temáticos e editoriais, así como dos traballos desta canle que se integrará no portal de divulgación cultural.   

Ficha técnica
Rolda de prensa da nova canle de divulgación científica en internet
Rolda de prensa da nova canle de divulgación científica en internet
Actividade institucional. Luns, 6 de xullo de 2015 ás 11:30
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade (CCG)

LUGAR
Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela

Presenta
Marilar Aleixandre
Iolanda Casal
Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Manuel Gago