exposición: OUTROS VERBOS, NOVAS LECTURAS: VALLE-INCLáN TRADUCIDO (1906-1936)

VALLE-INCLáN TRADUCIDO

Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido (1906-1936)

Na Academia de España de Roma (Italia), do 15 de setembro ao 6 de outubro de 2015
Información

Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido [1906-1936] é un proxecto expositivo pero tamén un balance do «estado da arte» dos estudos valleinclanianos, feito por estudosos actuais da súa obra. Mostra e catálogo permitirán, pois, ver con outros ollos a figura de Valle-Inclán. Así como os nosos grandes devanceiros inflúen en nós, tamén a nosa ollada, segundo un coñecido ensaio de T. S. Eliot, pode mudar a propia imaxe dos que nos precederon. E este é un caso ben acaído para entender a complexidade dun autor como Valle-Inclán, tan intemporal como sometido ao imperio da súa época e, neste caso, da «materia de Galicia», que foi alforxa onde atopou a maioría dos seus dardos literarios.


Penso que con esta mostra axudamos a difundir un trazo pouco atendido da obra deste autor, que é a súa internacionalización. E facémolo desde Galicia, como un contributo á súa raizame galaica e como un adianto das conmemoracións que, sen dúbida, centrarán dentro de pouco tempo o cento cincuenta aniversario do seu nacemento.


Esta exposición é o colofón un seminario que se organizou no Consello da Cultura Galega e do que pode ter aquí toda a información.


Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega e Rosario Mascato, comisaria da exposición estarán presentes na inauguración que terá lugar o martes 15 de setembro ás 18:00 horas.

Temáticas
Ficha técnica
Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido (1906-1936)
Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido (1906-1936)
Exposición. Na Academia de España de Roma (Italia), do 15 de setembro ao 6 de outubro de 2015
Ámbito
Comisión de Acción Exterior (CCG)
Inauguración
Rosario Mascato Rey
Ramón Villares

Organiza
Consello da Cultura Galega
Universidade de Santiago de Compostela

LUGAR
Academia de España (Roma)
Piazza San Pietro in Montorio, 3
00153 Roma
Italia