Arte + Coleccionismo

Xornada

Arte + Coleccionismo

4 e 5 de novembro de 2015
Santiago de Compostela
Xornada

Arte + Coleccionismo

4 e 5 de novembro de 2015 Santiago de Compostela

O coleccionismo de arte público ou privado é, sen dúbida, unha das pezas fundamentais na estrutura do sistema artístico actual dentro das complexas relacións entre arte e mercado. Faise necesario reflexionar sobre esta actividade nun momento socioeconómico complexo. Un eido marcado por unha fiscalidade adversa, polas reducións orzamentais e por unha ausencia de lexislación reguladora do mecenado, obriga a un debate sobre o coleccionismo, un dos piares da sempre complexa trama da arte contemporánea.


As xornadas ARTE + COLECCIONISMO pretenden analizar a actividade coleccionista das últimas décadas dentro e fóra de Galicia, a través das achegas e experiencias de diferentes profesionais que desenvolven o seu traballo en coleccións privadas e públicas. As súas contribucións axudarán a enriquecer unha reflexión necesaria sobre a situación actual e os parámetros que se poidan abrir cara a novos horizontes.


Trátase, en definitiva, de reflexionar sobre o presente e o futuro do coleccionismo de arte no século XXI, intentando responder, entre outras, ás seguintes cuestións: Como se traballa neste sector respecto ás últimas décadas? Como afecta a crise ao coleccionismo? Cal pode ser o seu futuro? 

Ficha técnica
Xornada.
Arte + Coleccionismo
Data
4 e 5 de novembro de 2015
Lugar

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205

Coordinación
Natalia Poncela
Rosario Sarmiento Escalona
Dirección
María Luisa Sobrino Manzanares
Inauguración
Ramón Villares
Modera
Natalia Poncela
Presenta
María Luisa Sobrino Manzanares
Relator/a
Mercedes Basso
José Blanco
Pilar Citoler
Cristina Fontaneda
Jose María Luna
Enrique Moral Sandoval
Guillermo de Osma
Gabriel Pérez-Barreiro
Rosario Sarmiento Escalona
Alfonso de la Torre
Carlos Urroz
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas (CCG)