xornada.

Bo uso e mal uso do mar II

Pontevedra, 26 de outubro de 2015
Información

A II Xornada Bo uso e mal uso do Mar pretende seguir afondando na importancia da sustentabilidade dos océanos para a vida na Terra, cuestión crucial para o desenvolvemento de Galicia. Nesta edición, de carácter interdisciplinario, abordaranse aspectos tan salientables para a educación ambiental do futuro profesorado de Educación Infantil e Primaria e da cidadanía en xeral, como as relacións percibidas entre traballo, natureza e prácticas ambientais, a xestión dos recursos costeiros con perspectiva de xénero ou factores que inflúen no comportamento das persoas fronte ao cambio climático. Nos obradoiros "Mergúllate no océano" desenvolveranse propostas educativas prácticas.

Ficha técnica
Bo uso e mal uso do mar II
Bo uso e mal uso do mar II
Xornada. Pontevedra, 26 de outubro de 2015
Coordinación
María M. Álvarez Lires
Colabora
Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade (CCG)

Organiza
Campus do Mar
Consello da Cultura Galega
Universidade de Vigo

LUGAR
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Campus A Xunqueira, s/n
36005 Pontevedra


Vicerreitoría do Campus de Pontevedra
Casa das Campás
Rúa Don Filiberto, 9
36002 Pontevedra

Clausura
Juan Manuel Corbacho
Inauguración
María M. Álvarez Lires
Juan Manuel Corbacho
Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Emilio Fernández Suárez
Vicente Romo Pérez
Relator/a
María M. Álvarez Lires
Nora Rhätzell
Elisia Silva da Cruz
David Uzzell