Os pecados da carne? Vantaxes e problemas da dieta cárnica

Xornada

Os pecados da carne? Vantaxes e problemas da dieta cárnica

Luns, 23 de novembro de 2015
Santiago de Compostela
Xornada

Os pecados da carne? Vantaxes e problemas da dieta cárnica

Luns, 23 de novembro de 2015 Santiago de Compostela

O comunicado da oficina de prensa do Centro Internacional de Investigacións sobre o Cancro do pasado 26 de outubro, difundido pola Organización Mundial da Saúde, xerou preocupación e desconfianza entre a poboación galega sobre a tradicional dieta cárnica. Nesta cuestión mestúranse problemas derivados de como se divulga polos medios de masas e chega ao gran público unha nova científica e de como deben interpretarse determinados datos e conclusións que afectan a tradicións moi arraigadas nos costumes do país. Problemas todos que atinxen o mundo da cultura científica e da cultura alimentaria.


A Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega, consciente da transcendencia e importancia que estas cuestións poden chegar a ter en relación coa poboación galega e, mesmo, con determinados sectores económicos, organiza unha xornada informativa e de debate para tentar clarexar, ata onde sexa posible, os auténticos límites do problema. 

Ficha técnica
Xornada.
Os pecados da carne? Vantaxes e problemas da dieta cárnica
Data
Luns, 23 de novembro de 2015
Lugar

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205

Coordinación
Anxo Carracedo
Rafael Tojo Sierra
Relator/a
Rosaura Leis Trabazo
Rafael López López
Antonio Martínez Ron
Alberte Ruano Raviña
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade (CCG)