A Asociación de Escritores e Escritoras en Língua Galega (AELG) a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia convocan unha rolda de prensa para presentar a Gala do Libro Galego 2016.
Esta Gala representa un acordo histórico no sector literario galego ao confluír desde agora nuns únicos galardóns os premios anteriormente convocados de forma separada por cada unha das tres organizacións. Participarán no acto as seguintes persoas.
- AELG. Asociación de Escritores e Escritoras en Língua Galega Cesáreo Sánchez, presidente e Mercedes Queixas, Secretaria Xeral
- AGE. Asociación Galega de Editoras Laura Rodríguez Herrera, presidenta e Xosé Manuel Aldea, vicepresidente
- Federación de Librarías de Galicia Pilar Rodríguez Álvarez, presidenta e Xosé Antón Pedreira, Vicepresidente.
Os premios que se outorgarán na Gala do Libro Galego 2016 pretenden recoñecer a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2015 en Galicia. Estas distincións, sen dotación económica, serán falladas polos membros das tres organizacións convocantes.