simposio.

Simposio ILG 2015: Cambio lingüístico no galego actual

Mércores, 25 de novembro de 2015
Temáticas: Lingua |
Información

O Consello da Cultura Galega acolle a última sesión do Simposio ILG 2015, que arrincou o pasado 17 de novembro no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía da USC.

Esta cita pretende afondar no estudo do cambio lingüístico e prestar atención aos factores que están detrás dos procesos que actualmente teñen lugar. As fondas mudanzas da sociedade e da cultura que se produciron no último século sen dúbida teñen o seu reflexo na lingua. Determinar as repercusións destas mudanzas e do contacto lingüístico é un dos principais obxectivos deste simposio, mais tamén se tratarán outros aspectos de variación e mudanza lingüística que se están a percibir na sociedade actual. 

Ficha técnica
Simposio ILG 2015: Cambio lingüístico no galego actual
Simposio ILG 2015: Cambio lingüístico no galego actual
Simposio. Mércores, 25 de novembro de 2015
Colabora
Consello da Cultura Galega

Organiza
Instituto da Lingua Galega

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi 2º andar 
Praza do Obradoiro,  s/n
15705 Santiago de Compostela

Relator/a
Francisco Dubert
María José López Couso