proxección

Filme «Un legado de humo»

Facultade de Filosofía (USC), xoves, 4 de febreiro de 2016 ás 19:00
Filme «Un legado de humo»

A Facultade de Filosofía acolle este xoves 4 de febreiro ás 19:00 horas, a proxección do filme Un legado de humo que documenta a emigración española nos Estados Unidos.

Á proxección, que conta co apoio do Consello da Cultura Galega, asistirán: Luis Argeo, un dos directores do filme; Pilar Cagiao, profesora de Historia de América da Universidade de Santiago de Compostela e membro da comisión técnica do Arquivo da Emigración Galega (Consello da Cultura Galega) e Érica Sarmiento, profesora das Universidades Salgado de Oliveira e do Estado do Río de Janeiro (Brasil).

Conectate o Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova: