actividade institucional

Rolda de prensa: Presentación dos resultados Bolsas Casa de Velázquez

Mércores, 3 de febreiro de 2016 ás 11:00
Rolda de prensa: Presentación dos resultados Bolsas Casa de Velázquez

O presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, presenta este mércores 3 de febreiro ás 11:00 horas, o resultado da primeira edición da convocatoria de bolsas de estadía na Casa de Velázquez

Un proxecto que inclúe unha modalidade de investigación histórica e outra de creación artística. As bolsas creáronse en 2015 co obxectivo de contribuír a difundir a cultura galega no exterior, con especial incidencia no ámbito francófono. 

Na rolda de prensa, os bolseiros darán conta do resultado dos seus traballos de investigación e de creación.

Intervirán: Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega; Francisco Cebreiro Ares, bolseiro na modalidade de investigación histórica e Diego González Valeiras, bolseiro na modalidade de creación artística

Conectate o Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova: