Javier Moscoso

Ciclo. O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s)

Javier Moscoso

Promesas incumplidas. Una historia cultural de la ambición

Xoves, 11 de febreiro de 2016 ás 17:00
Santiago de Compostela
Ciclo
O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s)

Javier Moscoso

Promesas incumplidas. Una historia cultural de la ambición

Xoves, 11 de febreiro de 2016 ás 17:00 Santiago de Compostela

Javier Moscoso, profesor de Investigación de Historia e Filosofía da Ciencia no Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), participará nunha nova sesión do ciclo Os Sentidos das Culturas que terá lugar o xoves, 11 de febreiro de 2016, ás 17:00 horas baixo o título "Promesas incumplidas. Una historia cultural de la ambición".


Javier Moscoso é doutor en Filosofía pola Universidad Autónoma de Madrid. Durante os seus anos de formación, foi bolseiro pre-doutoral no Wellcome Institute for the History of Medicine, e posdoutoral no Instituto Max Planck de Historia da Ciencia en Berlín. Previamente foi bolseiro Fulbright no Departamento de Historia da Ciencia da Universidade de Harvard. Desde a súa chegada ao CSIC, dirixe o grupo de investigación HIST-EX (http://hist-ex.com/en/), que reúne a académicos, artistas e persoal biosanitario interesado na historia e na filosofía das experiencias e emocións humanas.


Ao longo da súa carreira, traballou en tres áreas principais: a historia das ciencias da vida no século XVIII, a historia dos signos e as singularidades na Europa Moderna e a historia da dor en Occidente entre os séculos XV e XX. O seu último libro, Historia cultural del dolor, publicouse en 2011 en Taurus, e en 2012 lanzou a súa tradución inglesa en Palgrave-Macmillan. A edición francesa, que acaba de recibir o premio Libr'à nous dos libreiros franceses, apareceu en outubro de 2015. O texto foi considerado polos críticos como un exemplo de historia cultural (Prof. Johanna Bourke) ou de humanidades médicas (Fay Bound, Medical History). Na actualidade prepara un novo libro, para Taurus e Palgrave, sobre as paixóns da modernidade, así como unha historia cultural dos dentes para Reaktion Books.


Durante os últimos anos, impartiu conferencias en todo o mundo, incluído o Instituto Europeo de Florencia, o Instituto Max Planck de Historia da Ciencia, Berlín, o Instituto Max Planck de Human Development, Berlín; a Universidade de Harvard, a Universidade de Illinois, a Universidade de Los Andes, Bogotá, o ETHZ de Zürich, a Universidade de Camberra (Australia), a Universidad de Tokyo, a École des Hautes Études, París, ou o Instituto de Historia da Medicina de Xenebra, entre outras. En abril de 2014 foi nomeado Visiting Professor na University of Washington en St. Louis, USA, e máis recentemente foi nomeado Georges Lurcy Visiting Professorship na University of Chicago.

Ficha técnica
Ciclo.
O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s)
Javier Moscoso
Promesas incumplidas. Una historia cultural de la ambición
Data
Xoves, 11 de febreiro de 2016 ás 17:00
Lugar

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205

Coordinación
Ramón Máiz Suárez
Relator/a
Javier Moscoso
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Pensamento e Sociedade (CCG)