encontro. Encontros monográficos co patrimonio cultural 2

Encontros monográficos co patrimonio cultural 2

Turismo e Camiño de Santiago

Venres, 19 de febreiro de 2016
Temáticas: Patrimonio |
Información

O encontro presenta o proxecto que está a desenvolver o grupo Galabra sobre Santiago de Compostela como meta dos Camiños. O proxecto considera todo o tipo de visitantes á cidade (non só persoas peregrinas) e, dentro del, contempla unha dimensión sobre os Camiños de Santiago e os seus impactos en Santiago de Compostela.

Neste proxecto o fenómeno do Camiño é abordado quer como un ben quer como un recurso (cultural, patrimonial, identitario, social, político, económico...) e son analizadas as funcións e efectos de vario tipo que os Camiños teñen para e na comunidade local e nacional galega, a partir dos discursos e das prácticas presentes en material documental de diverso tipo e verificados en visitantes (galegos, españois, portugueses e brasileiros é o corpus seleccionado), así como en habitantes e comerciantes de Santiago de Compostela. Neste momento, estase en fase de análise de todo o material recollido, á espera de financiamento para proseguir.

Neste encontro serán ofrecidos avances de resultados para mostrar o teor do proxecto. 

Ficha técnica
Turismo e Camiño de Santiago
Turismo e Camiño de Santiago
Encontro. Venres, 19 de febreiro de 2016
Colabora
Grupo Galabra
Universidade de Santiago de Compostela

Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205

Inauguración
Iago Seara
Participante
Elías Torres
Relator/a
Roberto Samartín López-Iglesias