presentación.

Libro «Una casa en Amargura» de Elisa Vázquez de Gey

Xoves, 18 de febreiro de 2016 ás 12:00
Información

Una casa en Amargura, publicado por Ediciones B, unha obra na que a autora lucense, Elisa Vázquez de Gey, viaxa até A Habana de finais do século XIX para narrar unha historia sobre a vida cotiá dos escravos. A novela retrata o mundo dos escravos nas casas de familias criollas habaneras e a súa loita pola liberdade, ao tempo que saca á luz un capítulo pouco coñecido da historia de España: a explotación como escravos de 1.744 galegos que, fuxindo da miseria, foron levados a Cuba e vendidos por Urbano Feyjóo Sotomayor, galego de nación, militar e deputado a Cortes pola provincia de Ourense.

No acto de presentación do xoves 18 de febreiro ás 12:00 horas, participarán: Elisa Vázquez de Gey, autora; Pilar Cagiao, profesora de Historia de América na USC e membro do Arquivo da Emigración Galega e Santiago del Valle, historiador e xornalista.

Ficha técnica
Libro «Una casa en Amargura» de Elisa Vázquez de Gey
Libro «Una casa en Amargura» de Elisa Vázquez de Gey
Presentación. Xoves, 18 de febreiro de 2016 ás 12:00

LUGAR
Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205

Autoria
Elisa Vázquez de Gey
Presenta
Pilar Cagiao
Santiago del Valle