Olladas de mulleres no mundo: Creadoras galegas de imaxe. Homenaxe a Chantal Akerman

No Centro Galego de Artes da Imaxe (A Coruña), do 8 ao 12 de marzo de 2016
Temáticas: Arte | Igualdade |
Información

Todos os filmes se proxectan en versión orixinal, agás indicación contraria. A duración dos filmes é orientadora e aproximada. Esta programación pódese ver alterada por razóns alleas á nosa vontade. Unha vez comezada a sesión, non se permitirá a entrada á sala de proxeccións. As sesións de capacidade limitada teñen reservado un número indeterminado de butacas. As sesións sinaladas con signos de exclamación sofren modificacións respecto dos horarios habituais.

Como xa vén sendo tradicional no mes de marzo, en colaboración co Consello da Cultura Galega organízase o ciclo Olladas de mulleres no mundo, que este ano, ademais das sesións dedicadas a Creadoras Galegas de Imaxe, con películas de Diana Toucedo, Illa Bufarda e Xisela Franco, inclúe unha pequena homenaxe á realizadora belga Chantal Akerman (1950-2015) con dúas películas que xiran arredor da súa relación coa nai, News from Home (1977), que proxectaremos en versión restaurada, e No Home Movie (2015), a súa última longametraxe, presentada pouco antes do seu falecemento en outubro do ano pasado. O ciclo inclúe tamén a polémica Paulina, de Santiago Mitre.

Agradecementos:
Diana Toucedo, Amarante Compostela, Xisela Franco, Doc and Film (París), Cinematheque Royale de Belgique (Bruxelas).

Ficha técnica
Olladas de mulleres no mundo: Creadoras galegas de imaxe. Homenaxe a Chantal Akerman
Olladas de mulleres no mundo: Creadoras galegas de imaxe. Homenaxe a Chantal Akerman
Ciclo. No Centro Galego de Artes da Imaxe (A Coruña), do 8 ao 12 de marzo de 2016
Colabora
Consello da Cultura Galega

Organiza
Axencia Galega das Industrias Culturais
Centro Galego de Artes da Imaxe

LUGAR
CGAI Centro Galego de Artes da Imaxe
Durán Loriga, 10, baixo
15003 A Coruña
Tel.: 881 881 270 Fax: 881 881 271
programacion.cgai@xunta.es

Presenta
Encarna Otero