encontro. Encontros monográficos co patrimonio cultural 3

Encontros monográficos co patrimonio cultural 3

Arqueoloxía das igrexas altomedievais en Galicia. O Proxecto Emchahe

Xoves, 17 de marzo de 2016
Temáticas: Patrimonio |
Información

Este é o terceiro encontro dunha actividade organizada pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega, os Encontros monográficos co Patrimonio cultural, coa que se pretende dar difusión a proxectos relacionados co patrimonio cultural que se estean desenvolvendo en Galicia e que poidan ser de interese polo seu alcance, resultados, singularidade, repercusión pública ou pola entidade patrimonial dos elementos sobre os que se focalicen os proxectos. O obxectivo da actividade é tamén o debate sobre eles, que dea lugar unha actividade participativa.

Este encontro céntrase no proxecto europeo Early Medieval Churches: Archaeology, History and Heritage (EMCHAHE), que se desenvolve en Galicia, dentro da Universidade de Santiago de Compostela, e está dirixido por José Carlos Sánchez Pardo. Ten como obxectivo xerar novo coñecemento científico sobre a arqueoloxía e a historia das igrexas altomedievais e o seu valor para a xestión do patrimonio galego. A investigación parte da premisa de que moitas igrexas rurais galegas teñen a súa orixe na Alta Idade Media e de que no noso territorio aínda sobreviven algunhas pegadas dese primeiro grande auxe de construción deste tipo de edificacións, tanto a nivel arquitectónico como arqueolóxico, artístico, documental ou incluso toponímico; malia isto, apenas son coñecidas e valoradas. A nivel histórico, as igrexas enténdense neste proxecto, máis alá de meras construcións físicas, como os vehículos e as expresións das interaccións sociais establecidas a diferentes niveis, no crucial período de cambios que vai entre os séculos V e XI. 

Ficha técnica
Arqueoloxía das igrexas altomedievais en Galicia. O Proxecto Emchahe
Arqueoloxía das igrexas altomedievais en Galicia. O Proxecto Emchahe
Encontro. Xoves, 17 de marzo de 2016
Coordinación
Rebeca Blanco Rotea
Iago Seara
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205

Relator/a
José Carlos Sánchez Pardo
Jorge Sanjurjo Sánchez