encontro. Encontros monográficos co patrimonio cultural 4

A ampliación do Museo das Peregrinacións e de Santiago e a instalación da Exposición Permanente na nova sede da Praza das Praterias

Venres, 8 de abril de 2016
Temáticas: Patrimonio |
Información

Este é o cuarto encontro dunha actividade organizada pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega, os Encontros monográficos co Patrimonio cultural, coa que se pretende dar difusión a proxectos relacionados co patrimonio cultural que se estean desenvolvendo en Galicia e que poidan ser de interese polo seu alcance, resultados, singularidade, repercusión pública ou pola entidade patrimonial dos elementos sobre os que se focalicen os proxectos. O obxectivo da actividade é tamén o debate sobre eles, que dea lugar unha actividade participativa.

Neste encontro sobre o patrimonio cultural preténdese ofrecer unha visión do proceso técnico seguido para concluír na montaxe da exposición permanente do Museo das Peregrinacións e de Santiago na súa nova sede da praza das Praterías. Constará dunha parte teórica que, partindo da detección das necesidades de dispoñer de novos espazos para poder desenvolver axeitadamente as funcións do museo, concluirá na execución do proxecto de montaxe, pasando pola elaboración do discurso museolóxico e o deseño dunha linguaxe expositiva. Farase referencia ás directrices seguidas no proceso de definición do novo museo e tamén da nova exposición permanente, que figuran recollidas no Plan Museolóxico e nos distintos programas e proxectos que o desenvolven.

Como demostración práctica, está prevista a realización dunha visita comentada ás novas instalacións para analizar aspectos tratados na parte teórica, onde se pode apreciar in situ a adaptación da museografía aos espazos arquitectónicos, o aproveitamento de distintos recursos para favorecer a difusión dos contidos, a accesibilidade dos distintos públicos, etc., e concluirase cun debate sobre a experiencia.

Prazas esgotadas. Debido á alta demanda de solicitudes recibidas, xa non hai prazas vacantes dispoñibles para asistir á xornada. Se se producen baixas entre as persoas xa confirmadas seguirase estritamente a orde de entrada de solicitudes. De ter interese, pode remitir un correo electrónico cos seus datos a difusion@consellodacultura.gal e, se ficase libre algunha vacante, recibiría un correo de confirmación, tal e como é procedemento habitual.

Ficha técnica
A ampliación do Museo das Peregrinacións e de Santiago e a instalación da Exposición Permanente na nova sede da Praza das Praterias
A ampliación do Museo das Peregrinacións e de Santiago e a instalación da Exposición Permanente na nova sede da Praza das Praterias
Encontro. Venres, 8 de abril de 2016
Coordinación
Rebeca Blanco Rotea
Iago Seara
Organiza
Consello da Cultura Galega

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205

Inauguración
Rebeca Blanco Rotea
María del Carmen Martínez Insua
Iago Seara
Relator/a
Bieito Pérez Outeiriño