actividade institucional

Rolda de Prensa: 4ª edición de «No bico, un cantar»

Martes, 5 de abril de 2016 ás 11:30
Rolda de Prensa: 4ª edición de «No bico, un cantar»

O vindeiro martes 5 de abril ás 11:30 horas, o Consello da Cultura Galega e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, coa colaboración do Concello de Cangas, presentarán en rolda de prensa a cuarta edición de No bico, un cantar, un concerto que une poesía, música e mocidade.

Na rolda de prensa ofreceranse os detalles deste concerto que xuntará en Cangas a preto de cincocentos nenos e nenas de conservatorios profesionais de música de toda Galicia.

Asistirán: Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega; Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; Héitor Mera, concelleiro de cultura de Cangas; Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura e Maximino Zumalave, director artístico do concerto.

Conectate o Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova: