presentación.

Libro «Os segredos da gaita» de José Luis Foxo

Xoves, 7 de abril de 2016 ás 11:30
Temáticas: Literatura | Ensino |
Información

A Real Banda de Gaitas de Ourense presenta o xoves 7 de abril ás 11:30 horas, a sétima edición de Os segredos da gaita, editado pola Escola Provincial de Gaitas da Deputación Provincial de Ourense. Trátase dunha guía fundamental da gaita que está traducida ao español, alemán, inglés, francés, xaponés e chinés.

Asistirán: Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura; José Luis Foxo, autor; Óscar Ibáñez, gaiteiro investigador; Antón Corral, decano dos artesáns galegos; Luis Rial, xornalista e Xose Luís Blanco, xornalista.

Ao rematar a presentación haberá unha actuacion musical a cargo dos músicos Marco, Noelia e Óscar Ibáñez.

Ficha técnica
Libro «Os segredos da gaita» de José Luis Foxo
Libro «Os segredos da gaita» de José Luis Foxo
Presentación. Xoves, 7 de abril de 2016 ás 11:30

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela

Autoria
Xosé Lois Foxo
Participante
Antón Corral
Luís Rial
Presenta
Antón Corral
Óscar Ibáñez
Anxo M. Lorenzo Suárez