exposición

Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido (1906-1936)

No Museo Nogueira da Silva (Portugal), do 12 de abril ao 21 de maio de 2016
Información

Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido [1906-1936] é un proxecto expositivo pero tamén un balance do «estado da arte» dos estudos valleinclanianos, feito por estudosos actuais da súa obra. Mostra e catálogo permiten ver con outros ollos a figura de Valle-Inclán. Así como os nosos grandes devanceiros inflúen en nós, tamén a nosa ollada, segundo un coñecido ensaio de T. S. Eliot, pode mudar a propia imaxe dos que nos precederon. E este é un caso ben acaído para entender a complexidade dun autor como Valle-Inclán, tan intemporal como sometido ao imperio da súa época e, neste caso, da «materia de Galicia», que foi alforxa onde atopou a maioría dos seus dardos literarios.

Esta mostra axuda a difundir un trazo pouco atendido da obra deste autor, que é a súa internacionalización. Xurdiu como colofón a un seminario que se organizou no Consello da Cultura Galega e do que pode ter aquí toda a información.

Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega; Rosario Mascato, comisaria da exposición, estarán presentes na inauguración na que haberá unha actuación musical a cargo do grupo Zoar. Nela interpretaranse varias pezas de Juan José Castro Chané, Juan Montes, José Baldomir e Andrés Gaos sobre obras de Curros Enríquez e Rosalía de Castro.

Ficha técnica
Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido (1906-1936)
Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido (1906-1936)
Exposición. No Museo Nogueira da Silva (Portugal), do 12 de abril ao 21 de maio de 2016
Ámbito
Comisión de Acción Exterior (CCG)

Organiza
Consello da Cultura Galega
Universidade de Santiago de Compostela

LUGAR
Museo Nogueira da Silva
Central, 61
4710 Braga
Portugal

Inauguración
Rosario Mascato Rey
Ramón Villares