CICLO: EUROPA FORTALEZA: FRONTEIRAS, VALADOS, EXILIOS, MIGRACIóNS

Carmen González Enríquez

A resposta da Unión Europea ante a crise migratoria

Mércores, 11 de maio de 2016 ás 17:00
Información

Primeira sesión
Ciclo: Europa Fortaleza: fronteiras, valados, exilios, migracións


CARMEN GONZÁLEZ ENRÍQUEZ
A RESPOSTA DA UNIÓN EUROPEA ANTE A CRISE MIGRATORIA


Carmen González Enríquez
Catedrática no Departamento de Ciencia Política da UNED e investigadora principal do Real Instituto Elcano, onde dirixe as áreas de migracións e opinión pública. Foi investigadora visitante no Centre on Migration Policy and Society da Universidade de Oxford e no Centro de Estudos Políticos de Budapest. É profesora de posgrado no Instituto Universitario Xeral Gutiérrez Mellado. Nos últimos anos investigou sobre migracións internacionais, participando en varios proxectos financiados pola Comisión Europea, como ITHACA (Integration, Transnational Mobility and Human, Social and Economic Capital Transfers), METOIKOS (Circular migration patterns in Southern and Central Eastern Europe: Challenges and opportunities for migrants and policy makers), CLANDESTINO (Undocumented Migration: Counting the Uncountable) o POLITIS (Active Civic Participation of Third Country Immigrants), e formou parte do equipo da primeira investigación europea sobre a emigración actual desde o Sur de Europa (New Emigration in Europe: The Effects of the Economic Crisis in Southern Europe and Ireland). Dirixiu varios proxectos de investigación sobre a inmigración en España, como “La inmigración y el sistema de partidos políticos”, “La prevención del conflicto étnico en los barrios de alta inmigración”, “La inmigración como reto en las relaciones hispano-marroquíes”, “La inmigración y la representación de los intereses de los trabajadores en España”, “Inmigrantes y madrileños: relaciones de vecindad e integración social” e “La convivencia con los inmigrantes en Barcelona”. Desde finais do 2013 as súas investigacións dentro do RIE diríxense tamén á imaxe de España no exterior e na propia España e sobre a opinión pública española ante os diferentes aspectos da política exterior e as relacións internacionais. Publicacións destacadas: ‘Female High Skilled Emigration from Ireland and Southern Europe after the Crisis’ (con A. Triandafyllidou), en High Skill Migration and Recession (Palgrave, 2016); ‘Spain’, en European Immigration: A Sourcebook (Ashgate, 2014); ‘Circularity in a Restrictive Framework: Mobility between Morocco and Spain’, en Circular Migration Between Europe and Its Neighbourhood: Choice or Necessity? (Oxford University Press, 2013); ‘Irregularity as a Rule’, en Irregular Migration in Europe (Ashgate, 2010); ‘Practical Measures to Reduce Irregular Immigration. Spain’ (with the Spanish ministries involved in migration policy and implementation. European Migration Network, 2011); ‘Spain, the Cheap Model. Irregularity Management and Regularization as Immigration Management Policies’, European Journal of Migration and Law, n.11, pp 139-157, 2009. 

Ciclo: Europa Fortaleza: fronteiras, valados, exilios, migracións


Ante os fluxos migratorios, os países da Unión Europea abriron e pecharon historicamente as súas fronteiras, considerando os emigrantes como un recurso instrumental, mera forza barata de traballo. Sempre nunha perspectiva de mercado e curtopracista, facilitábase o acceso se se precisaba man de obra, multiplicando as trabas no caso de medrar o paro. A figura do Gastarbeiter exemplificaba unha economía política ignorante da elemental condición de seres humanos dos emigrantes, nin que dicir do seu estatuto de cidadáns e cidadás residentes. Unha política de orde pública, de contención, substituíu á necesaria política de inmigración. Con ou sen papeis, o tratamento oscilaba: quer multiculturalismo desinteresado, quer asimilacionismo compulsivo. En todos os casos as acomodacións razoables foron mínimas e os guetos inzaron as aforas das cidades. Agora, constatado o fracaso na integración dos musulmáns nas sociedades de orixe cristiá, disque laicas e secularizadas, a chegada de refuxiados contéstase coa vulneración dos dereitos humanos mais básicos e o incumprimento das obrigas internacionais. Canto máis revé a soberanía, máis agroman os valados e se blindan as fronteiras. Mesmo se suspende unilateralmente o tratado de Schengen. En lugar de comprender e minorar as razóns que motivan o éxodo, concéntranse os esforzos en imposibilitar a entrada, mesmo externalizando o dispositivo en terceiros países. Pero acaso non constitúen os emigrantes e refuxiados dúas manifestacións dun mesmo fenómeno estrutural: a globalización neoliberal e os seus efectos: a depredación de recursos, a explotación internacional do traballo e o cambio climático? As migracións seguirán a producirse por razóns económicas, políticas e bélicas e climáticas. Este ciclo propón reflexionar, da man de recoñecidos/as especialistas, tanto sobre as diferentes dimensións do problema, como sobre as solucións institucionais e de políticas públicas ao desafío no que Europa xoga o seu porvir como sociedade democrática.


 

Ficha técnica
Carmen González Enríquez
Carmen González Enríquez
Ciclo. Mércores, 11 de maio de 2016 ás 17:00
Coordinación
Ramón Máiz Suárez
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Pensamento e Sociedade (CCG)
Relator/a
Carmen González Enríquez

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205
difusion@consellodacultura.gal
www.consellodacultura.gal