O xacemento de Cova Eirós

Encontro. Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural

O xacemento de Cova Eirós

e o patrimonio arqueo-paleontolóxico das Serras Orientais

Venres, 27 de maio de 2016
Santiago de Compostela
Encontro
Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural

O xacemento de Cova Eirós

e o patrimonio arqueo-paleontolóxico das Serras Orientais

Venres, 27 de maio de 2016 Santiago de Compostela

As cavidades das Serras Orientais galegas agochan un importante patrimonio xeolóxico, paleontolóxico e arqueolóxico, o que as converte nunha rexión de referencia para o estudo do Cuaternario en Galicia. Porén, ata as últimas décadas do século XX a tradición investigadora permaneceu allea a este territorio, especialmente por parte da arqueoloxía.


As intervencións levadas a cabo dende o ano 2008 na cova de Eirós amosan a intensidade e variabilidade das ocupacións deses espazos por parte das comunidades pre- e históricas, así como a evolución do seu uso como hábitat doméstico, refuxio, espazo simbólico, funerario ou, mesmo, para a explotación agro-pastoril.


Na secuencia de Cova Eirós, que abrangue máis de 100 milenios, documéntase a alternancia do uso da cavidade por parte de diversos mamíferos (nomeadamente os osos das cavernas) e das dúas especies de homínidos que habitaron o noroeste peninsular durante o Paleolítico Medio e o Paleolítico Superior. O rexistro arqueolóxico recuperado permite achegarnos e comparar os modos de vida dos Homo neanderthalensis e os Homo sapiens, así como reconstruír a evolución da paisaxe e da fauna do Pleistoceno Superior en Galicia.


A descuberta das manifestacións gráficas en Cova Eirós abre unha pequena fiestra para achegármonos á esfera simbólica e artística das sociedades de cazadores recolectores do Paleolítico Superior galaico. 

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.

LUGAR

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205


MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal

Ficha técnica 
Encontro.
Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural
O xacemento de Cova Eirós
e o patrimonio arqueo-paleontolóxico das Serras Orientais
Cando
Venres, 27 de maio de 2016
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205


Coordinación
Rebeca Blanco-Rotea
Iago Seara Morales
Relator/a
Ramón Fábregas Valcarce
Aurora Grandal d´Anglade
Arturo de Lombera Hermida
Organiza
Consello da Cultura Galega