xornada.

As ciencias ensinan a pensar: Razoamento científico e pensamento crítico

Mércores, 22 de xuño de 2016
Información

O obxectivo desta xornada é poñer de manifesto que a forma de traballar das ciencias inclúe o razoamento, a avaliación do coñecemento baseándose en probas (argumentación) e non en opinións subxectivas, e o desenvolvemento do pensamento crítico. Hoxe considérase que as prácticas científicas máis importantes son a elaboración de modelos, a avaliación de modelos e explicacións á luz das probas, e a investigación e experimentación. As ciencias experimentais teñen pois un importante papel, tanto historicamente como na actualidade, nesa forma de validar os coñecementos. Niso colaboran coas humanidades e a filosofía (que tamén ensinan a pensar mais non son as únicas). A xornada pretende facer explícito este papel das ciencias na crítica á pseudociencia, á publicidade enganosa ou a ideas, como o racismo, baseadas na ideoloxía e non nos datos científicos.

Contaremos con especialistas nesta liña de traballo. O doutor Christian Plantin é profesor de Ciencias da linguaxe, pioneiro nas investigacións arredor das interaccións entre razón e emoción no discurso argumentativo sobre cuestións científicas de relevancia social. A doutora Conxita Márquez, profesora na UAB e editora da revista Enseñanza de las Ciencias, estuda como promover a lectura crítica de textos científicos en secundaria, e como avaliar a fiabilidade da publicidade sobre cuestións de saúde e cosmética. De Galicia, a doutora María Pilar Jiménez Aleixandre dirixe un grupo de investigación sobre razoamento e pensamento crítico, con atención a cuestións como as ideas deterministas. Na mesa redonda participarán persoas con experiencia nas críticas á pseudociencia e no esforzo por promover unha imaxe adecuada das ciencias desde Galicia. 

Ficha técnica
As ciencias ensinan a pensar: Razoamento científico e pensamento crítico
As ciencias ensinan a pensar: Razoamento científico e pensamento crítico
Xornada. Mércores, 22 de xuño de 2016
Coordinación
Marilar Aleixandre
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade (CCG)

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205

Modera
Ánxela Bugallo
Participante
Juan Ramón Gallástegui Otero
Andrés Sanjuán
Manuel Vicente
Relator/a
Marilar Aleixandre
Conxita Márquez Bargalló
Christian Plantin