recital: Poetas itinerantes

POETAS ITINERANTES

Poetas itinerantes : Poeta ibiltariak

Encontro de poesía vasca e galega. Santiago

Xoves, 16 de xuño de 2016 ás 19:00
Información

Nesta edición do programa Poetas itinerantes a poesía galega e vasca dialogarán o xoves 16 de xuño ás 19:00 horas, nas voces de Miren Agur Meabe, Leire Bilbao, Felipe Juaristi, Gonzalo Hermo, Dores Tembrás e Manuel Rivas. O acto será presentado por Anxo Angueira, membro do Consello da Cultura Galega e presidente da Fundación Rosalía de Castro.


Promovido polo Instituto Etxepare, o Instituto Ramón Llull e o Consello da Cultura Galega, este recital forma parte dun proxecto iniciado en Barcelona en 2015 que procura tender unha ponte máis cara a un futuro intercultural e multilingüe.

Ficha técnica
Poetas itinerantes : Poeta ibiltariak
Poetas itinerantes : Poeta ibiltariak
Recital. Xoves, 16 de xuño de 2016 ás 19:00
Inauguración
Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Participante
Leire Bilbao
Gonzalo Hermo González
Felipe Juaristi
Miren Agur Meabe
Manuel Rivas
Dores Tembrás
Presenta
Anxo Angueira
Ámbito
Comisión de Acción Exterior (CCG)

Organiza
Consello da Cultura Galega
Instituto Ramón Llull
Instituto Vasco Etxepare

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro s/n
15705 Santiago de Compostela