A obra Atlas arqueolóxico da paisaxe galega, publicada pola Editorial Xerais, reúne investigacións desenvolvidas en Galicia dende hai mais de dúas décadas sobre a paisaxe cultural galega dende unha perspectiva multidisciplinar, ofrecendo unha descrición e interpretación das diferentes formas de paisaxes que se sucederon dende a prehistoria ata a época medieval. O libro, de máis de 300 páxinas impresas a cor, divídese en sete capítulos.
No acto de presentación do martes 21 de xuño ás 19:00 horas, intervirán: Felipe Criado Boado, César Parcero Oubiña do Incipit; Manuel Bragado Rodríguez, director de Xerais e Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega.
Os coordinadores son: Felipe Criado Boado, César Parcero Oubiña, Carlos Otero Vilariño, Elena Cabrejas e Anxo Rodríguez Paz (responsable da edición gráfica). As autoras e autores dos textos son: Roberto Aboal, Xurxo Ayán Vila, David Barreiro, Paula Ballesteros-Arias, Manuela Costa-Casais, Pastor Fábrega-Álvarez, João Fonte, Camila Gianotti, A. César González-García, Alejandro Güimil Fariña, Elena Lima Olivera, Raquel López Noia, Patricia Mañana-Borrazás, Antonio Martínez-Cortizas, Matilde Millán e Manuel Santos-Estévez.