simposio. II Simposio Internacional Andrew W. Mellon

El esplendor del Pórtico de la Gloria: conservación, policromía y la transfiguración de la materia

7 e 8 de xullo de 2016
Información

Este simposio, incluído no programa de actividades definido na colaboración establecida entre a Fundación Andrew W. Mellon e o Programa Catedral de Santiago de Compostela, en torno aos traballos de estudo e restauración do Pórtico da Gloria, reúne unha serie de destacados restauradores, científicos e historiadores da arte que participan no Programa Catedral de Santiago, xunto a un selecto grupo de recoñecidos expertos internacionais. Ademais de presentar unha visión de conxunto dos resultados obtidos polos equipos multidisciplinares que traballaron no Pórtico da Gloria desde 2008, o simposio ofrece a oportunidade de dar a coñecer e debater novas achegas a aspectos tan relevantes para a conservación do patrimonio como poden ser os novos procedementos para a limpeza e consolidación da policromía en escultura de pedra, o desenvolvemento de plataformas dixitais interactivas para o procesado e visualización de datos ou as tecnoloxías de vangarda que permiten a restitución virtual das policromías históricas.

O simposio conta coa coordinación científica do dr. Francisco Prado-Vilar (coordinador científico do Programa Catedral de Santiago; director do Programa Andrew W. Mellon para o Pórtico da Gloria, Universidade de Harvard, Real Colegio Complutense). As súas sesións estarán abertas ao público para que, deste modo, a vertente científica dun encontro de reputados especialistas internacionais se vexa completada cunha acción de divulgación que permita achegar á cidadanía a realidade e o avance do proxecto de intervención o Pórtico da Gloria.

O Programa Catedral de Santiago de Compostela é promovido pola Fundación Catedral e a Fundación Barrié en colaboración co Instituto de Patrimonio Cultural de España do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte e a Xunta de Galicia. A restauración do Pórtico da Gloria, englobada no Programa Catedral, é posible grazas ao mecenado da Fundación Barrié.  

Ficha técnica
El esplendor del Pórtico de la Gloria: conservación, policromía y la transfiguración de la materia
El esplendor del Pórtico de la Gloria: conservación, policromía y la transfiguración de la materia
Simposio. 7 e 8 de xullo de 2016
Colabora
Consello da Cultura Galega
Fundación General Universidad Complutense de Madrid
Instituto del Patrimonio Cultural de España

Organiza
Fundación Barrié de la Maza
Fundación Catedral de Santiago
The Andrew W. Mellon Foundation

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax 981 957 205

Inauguración
José Enrique Fernández Varela
Participante
José María Arias Mosquera
Daniel Lorenzo Santos
Thimoty P. Whalen
George Wheeler
Relator/a
Nicole Bonelli
Ingrid Geelen
Rodorico Giorgi
Marta Gómez Ubierna
Narayan Khandekar
Michele Marincola
Pedro Pablo Pérez
Francisco Prado-Vilar