xornada.

É o noso fuso horario un problema?

Mércores, 26 de outubro de 2016
Temáticas: Ciencia | Sociedade |
Información

O debate público sobre o fuso horario español deu un salto cualitativo recentemente, ao saltar ao escenario da discusión política e, mesmo, ser incorporado no programa dalgúns partidos.

Debería cambiar España o seu fuso horario? A resposta e as decisións que se tomaren con base nela afectarán a todas as persoas do país, sen excepción. A cuestión é pois relevante, e a súa resolución esixe unha reflexión pausada polo miúdo, que debe ser tomada logo de adquirir un coñecemento previo dos factores que inciden nela.

Esta xornada do Consello da Cultura Galega pretende proporcionar ese coñecemento, a través das exposicións de expertos a prol e en contra do cambio do noso fuso horario actual. A achega á que se aspira é facerlles posible aos asistentes responder con solidez argumental á pregunta que lle dá título á xornada.

Ficha técnica
É o noso fuso horario un problema?
É o noso fuso horario un problema?
Xornada. Mércores, 26 de outubro de 2016
Coordinación
Jorge Mira Pérez
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade (CCG)

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205

Inauguración
Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Ramón Villares
Relator/a
José Fernández-Albertos
José María Fernández-Crehuet
José María Martín Olalla
Jorge Mira Pérez