Poetas itinerantes en Donostia

Donostia (San Sebastian), mércores, 26 de outubro de 2016 ás 19:00
Poetas itinerantes en Donostia

O Instituto Etxepare acolle o mércores 26 de outubro ás 19:00 horas, unha nova edición do recital Poetas Itinerantes no que participarán os poetas galegos Anxo Angueira, Gonzalo Hermo, Dores Tembrás e Manuel Rivas. Organizado en colaboración co Consello da Cultura Galega, este encontro permitirá que os seus versos se mesturen coas voces de Miren Agur Meabe, Leire Bilbao e Felipe Juaristi para tecermos unha ponte intercultural.

O recital Poetas itinerantes xuntou o pasado mes de xuño no Consello da Cultura Galega a poetas galegos e vascos para dialogaren a través dos seus versos. Miren Agur Meabe, Felipe Juaristi, Leire Bilbao, Gonzalo Hermo, Dores Tembrás, Anxo Angueira e Manuel Rivas encontraranse de novo mañá mércores, 26 de outubro, no Etxepare Euskal Institutua no Edificio Tabakalera en Donostia para participaren nunha nova edición deste ciclo que levará ao público vasco os versos da poesía galega máis actual.

Iniciado en Barcelona en 2015, o ciclo Poetas itinerantes forma parte dun proxecto promovido polo Instituto Etxepare, o Instituto Ramón Llull e o Consello da Cultura Galega, que procura tender unha ponte máis cara a un futuro intercultural e multilingüe.

Conectate o Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova: