xornada.

3ª Xornada Bo uso e mal uso do mar. Sustentabilidade en feminino

Pontevedra, 14 de novembro de 2016
Compartir:
Información

As conferencias, o panel e os obradoiros que se levarán a cabo forman parte dun conxunto de accións destinadas a contribuír á mellora dos coñecementos precisos para desenvolver a comprensión, o uso sustentable e a protección do medio mariño —de importancia estratéxica para Galicia— así como a fomentar a participación de todos os sectores interesados (stakeholders), neste caso, alumnado e profesorado da Universidade de Vigo, así como público en xeral. Nesta ocasión, a Xornada estará dedicada a recoñecer achegas de mulleres á sustentabilidade do mar, invisibles ou silenciadas, desde a educación, a investigación e os oficios propios do mar, en concreto, sobre o marisqueo.

Outro dos obxectivos da Xornada é o intercambio de coñecementos entre persoas investigadoras en diversos campos, tales como educación para a sustentabilidade con perspectiva de xénero, a economía, factores actitudinais ou desenvolvementos tecnolóxicos favorables á conservación e defensa do medio ambiente, en particular do medio mariño. Nesta ocasión, a participación dunha asociación de mariscadoras na Xornada, intenta outorgar un merecido recoñecemento ao seu duplo labor a prol da sustentabilidade dos recursos mariños e das súas propias familias.

Organizada pola Sección Ciencia, Natureza e Sociedade do CCG, coa colaboración do Campus do Mar, a Unidade de Igualdade e a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo, e a Deputación de Pontevedra.

Ficha técnica
3ª Xornada Bo uso e mal uso do mar. Sustentabilidade en feminino
3ª Xornada Bo uso e mal uso do mar. Sustentabilidade en feminino
Xornada. Pontevedra, 14 de novembro de 2016
Coordinación

Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Campus a Xunqueira , s/n
36005 Pontevedra


Vicerreitoría do Campus de Pontevedra
Casa das Campás
Rúa don Filiberto 9-11. 36002 Pontevedra

Inauguración
Juan Manuel Corbacho
Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Emilio Fernández Suárez
Anabel González Penín
Vicente Romo Pérez
Carmela Silva
Relator/a
Azucena Árias Correa
Victoria Besada
María Xosé Cacabelos
Elena Ojea
Elsa Vázquez Otero