xornada.

Metodoloxía e criterios sobre restauración de instrumentos históricos. Estado da cuestión en Galicia

Mércores, 15 de febreiro de 2017
Temáticas: Patrimonio |
Información

A xornada Metodoloxía e criterios sobre restauración de instrumentos históricos. Estado da cuestión en Galicia xorde do interese da Sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega de sensibilizar a sociedade sobre a importancia do noso patrimonio musical instrumental. Ademais desta finalidade divulgativa, quere servir de punto de encontro de especialistas para coñecer o estado da cuestión en Galicia e debatermos sobre o futuro co fin de mellorar a comunicación entre os diferentes profesionais e a sociedade. Para iso, contaremos coa presenza de dúas persoas expertas no ámbito galego e estatal que nos achegarán aspectos relativos á restauración, normativa xurídica, ferramentas de investigación e de difusión dos instrumentos musicais. Oli Xiráldez, na súa dobre faceta de restaurador e tamén reprodutor de instrumentos antigos, así como artesán de gaitas e frautas galegas, o que o converte nun gran coñecedor no eido dos aerófonos en Galicia. Cristina Bordas, pola súa banda, é una figura de primeiro nivel na temática que nos ocupa, con numerosos escritos e proxectos de difusión do patrimonio cultural e experta, entre outros, no ámbito da violería, do seu gremio e dos instrumentos históricos. Ambos os especialistas permitirannos incidir na necesidade de contar con estudos previos rigorosos e documentados que favorezan o vínculo entre o obxecto e a súa historicidade e valor cultural. Tamén, coñecer de primeira man o traballo da restauración e reprodución de instrumentos antigos para así poñer de relevo o noso patrimonio instrumental e a súa transmisión a futuras xeracións como testemuño material da propia historia. 

Imaxe: Jose Luis Cernadas Iglesias, Catedral de Ourense. https://creativecommons.org/licenses/by/2.0/legalcode (imaxe recortada)

 

Ficha técnica
Metodoloxía e criterios sobre restauración de instrumentos históricos. Estado da cuestión en Galicia
Metodoloxía e criterios sobre restauración de instrumentos históricos. Estado da cuestión en Galicia
Xornada. Mércores, 15 de febreiro de 2017
Coordinación
Xosé V. Ferreirós
Sergio Sieiro
Organiza
Sección de Música e Artes Escénicas (CCG)

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705, Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Inauguración
Maximino Zumalave Caneda
Relator/a
Cristina Bordas
Oli Xiráldez