Nira Yuval-Davis

Seminario. Ciclo: Europa Fortaleza: fronteiras, valados, exilios, migracións

Nira Yuval-Davis

Intersectional meanings of culture

Xoves, 9 de marzo de 2017 ás 17 horas
Santiago de Compostela
Seminario
Ciclo: Europa Fortaleza: fronteiras, valados, exilios, migracións

Nira Yuval-Davis

Intersectional meanings of culture

Xoves, 9 de marzo de 2017 ás 17 horas Santiago de Compostela

Sexta sesión
Ciclo: Europa Fortaleza: fronteiras, valados, exilios, migracións


NIRA YUVAL-DAVIS
INTERSECTIONAL MEANINGS OF CULTURE


Xoves, 9 de marzo de 2017 ás 17:00 horas


A CONFERENCIA SERÁ IMPARTIDA EN INGLÉS. Na quenda de preguntas, Guadalupe Jiménez profesora de Antropoloxía Social da Facultade de Filosofía da USC fará de intérprete para facilitar as intervencións do público.


 


Nira Yuval-Davis
A profesora Nira Yuval-Davis é directora do Research Centre on Migration, Refugees and Belonging (CMRB) na University of East London. Foi presidenta do Research Committee 05 (sobre racismo, nacionalismo e relacións étnicas) da International Sociological Association, membro fundadora de Women Against Fundamentalism e da rede de investigación internacional Women In Militarized Conflict Zones. Foi membro da UK 2008 RAE (Research Assessment Exercise) e do 2014 REF (Research Excellence Framework) nos subpaneis de socioloxía. Actuou como consultora para diversas organizacións, ONGs e dos dereitos humanos como UNDP, UN Special Rapporteur on Violence Against Women, Amnesty International, AWID e a internacional Investigative Women’s Delegation ‘Justice in the Gujarat’. Editora da serie de libros The Politics of Intersectionality de Palgrave MacMilan.
Nira Yuval-Davis escribiu amplamente sobre aspectos teóricos e empíricos de nacionalismos interseccionais, racismos, fundamentalismos, cidadanías, identidades, pertenzas e relacións de xénero en Gran Bretaña e Europa, Israel e outras sociedades de colonos. No importante proxecto de investigación ESRC utilizou técnicas de teatro participativo como metodoloxía de investigación para traballar cos refuxiados do este de Londres. Colaborou no recente proxecto da UE "Borderscapes", onde liderou un equipo internacional, examinando a fronteira cotiá nas cidades metropolitanas e as diferentes zonas fronteirizas europeas desde una perspectiva interseccional.
Entre os seus libros e edicións figuran Woman-Nation-State, 1989; Racialized Boundaries, 1992; Unsettling Settler Societies, 1995; Gender and Nation,1997; Warning Signs of Fundamentalisms, 2004; The Politics of Belonging, 2011; Women Against Fundamentalism, 2014 e o próximo Bordering (2017). As súas obras foron traducidas a máis de dez idiomas.


Ciclo: Europa Fortaleza: fronteiras, valados, exilios, migracións
Ante os fluxos migratorios, os países da Unión Europea abriron e pecharon historicamente as súas fronteiras, considerando os emigrantes como un recurso instrumental, mera forza barata de traballo. Sempre nunha perspectiva de mercado e curtopracista, facilitábase o acceso se se precisaba man de obra, multiplicando as trabas no caso de medrar o paro. A figura do Gastarbeiter exemplificaba unha economía política ignorante da elemental condición de seres humanos dos emigrantes, nin que dicir do seu estatuto de cidadáns e cidadás residentes. Unha política de orde pública, de contención, substituíu a necesaria política de inmigración. Con ou sen papeis, o tratamento oscilaba: quer multiculturalismo desinteresado, quer asimilacionismo compulsivo. En todos os casos as acomodacións razoables foron mínimas e os guetos inzaron as aforas das cidades. Agora, constatado o fracaso na integración dos musulmáns nas sociedades de orixe cristiá, disque laicas e secularizadas, a chegada de refuxiados contéstase coa vulneración dos dereitos humanos mais básicos e o incumprimento das obrigas internacionais. Canto máis revé a soberanía, máis agroman os valados e se blindan as fronteiras. Mesmo se suspende unilateralmente o tratado de Schengen. En lugar de comprender e minorar as razóns que motivan o éxodo, concéntranse os esforzos en imposibilitar a entrada, mesmo externalizando o dispositivo en terceiros países. Pero acaso non constitúen os emigrantes e refuxiados dúas manifestacións dun mesmo fenómeno estrutural: a globalización neoliberal e os seus efectos: a depredación de recursos, a explotación internacional do traballo e o cambio climático? As migracións seguirán a producirse por razóns económicas, políticas, bélicas e climáticas. Este ciclo propón reflexionar, da man de recoñecidos/as especialistas, tanto sobre as diferentes dimensións do problema, como sobre as solucións institucionais e de políticas públicas ao desafío no que Europa xoga o seu porvir como sociedade democrática.


Primeira sesión
11 de maio de 2016
Carmen González Enríquez, investigadora principal de Demografía, Poboación e Migracións Internacionais do Real Instituto Elcano
A resposta da Unión Europea ante a crise migratoria


Segunda sesión
1 de decembro de 2016
Montserrat Guibernau, doutora en Teoría Social e Política pola Universidade de Cambridge e catedrática de Ciencia Política na Universidade Queen Mary de Londres
Pertenza: Símbolos e Rituais da Nación


Terceira sesión
19 de xaneiro de 2017
Javier de Lucas, catedrático de Filosofía do Dereito e Filosofía Política no Instituto de Derechos Humanos da Universitat de València
Os refuxiados na era de Trump. Un problema político, non unha crise humanitaria


Cuarta sesión
9 de febreiro de 2017
Antonio Izquierdo, catedrático de Socioloxía na Universidade da Coruña e membro do equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais (ESOMI)
As políticas de inmigración e cidadanía no novo escenario: catro propostas 


Quinta sesión
2 de marzo de 2017
Rafael Grasa, profesor titular de Relacións Internacionais da Universitat Autònoma de Barcelona
O novo sistema internacional e os retos do humanitarismo: a xestión da crise humanitaria e migratoria e das novas formas de violencia directa non política 


Sexta sesión
9 de marzo de 2017
Nira Yuval-Davis, directora do Research Centre on Migration, Refugees and Belonging (CMRB) na University of East London
Intersectional meanings of culture


Lembre que o ciclo Europa Fortaleza: fronteiras, valados, exilios, migracións forma parte da serie O(s) sentido(s) da(s) cultura(s), que pretende fomentar o debate sobre cuestións de actualidade. Para iso, o público interesado pode consultar con anterioridade o TEXTO da intervención da persoa convidada para preparar así o diálogo posterior. O texto estará accesible no apartado Documentación desta páxina, xusto debaixo da etiqueta de acceso ao formulario de inscrición.


 


 

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.

LUGAR

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal/mediateca

Ficha técnica 
Seminario.
Ciclo: Europa Fortaleza: fronteiras, valados, exilios, migracións
Nira Yuval-Davis
Intersectional meanings of culture
Cando
Xoves, 9 de marzo de 2017 ás 17 horas
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205

Coordinación
Ramón Máiz Suárez
Relator/a
Nira Yuval-Davis
Organiza
Sección de Pensamento e Sociedade (CCG)