A restauración do campanario de San Martiño Pinario

Encontro. Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural

A restauración do campanario de San Martiño Pinario

O achegamento ao proceso tecnolóxico e histórico nunha fábrica do mosteiro: proxecto de urxencia, obra e memoria final

Xoves, 30 de marzo de 2017
Santiago de Compostela
Encontro
Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural

A restauración do campanario de San Martiño Pinario

O achegamento ao proceso tecnolóxico e histórico nunha fábrica do mosteiro: proxecto de urxencia, obra e memoria final

Xoves, 30 de marzo de 2017 Santiago de Compostela

A recuperación da memoria construída da torre-campanario


Segundo os historiadores da ciencia e da tecnoloxía Kranzberg e Pursell, a tecnoloxía é “moito máis que ferramentas e artefactos, máquinas e procesos. Afecta o traballo humano, os intentos do home para satisfacer os seus desexos mediante a acción humana sobre os obxectos físicos”. Tendo presente ese axioma, é evidente que son necesarias novas olladas sobre o patrimonio arquitectónico e sobre a súa conservación-restauración crítica, que nos obriguen a comprender en cada caso o seu proceso particular e singular, o seu sistema construtivo, ata o punto de que, como ocorreu co campanario de San Martiño Pinario, acaben aflorando novos datos que vaian mais aló da información directa que nos proporciona a propia materia-imaxe desta estrutura. Sen deixar de recoñecer que a observación e comprensión dos datos directos, aqueles que nos falan da pel da fábrica (da materia-imaxe) e das emocións e gustos estéticos de distintas épocas, como os histórico-artísticos, ou aqueles que nos falan da historia da fábrica, como os arqueolóxicos, é imprescindible para a comprensión dun obxecto patrimonial destas características recoñecer que a observación e comprensión da factura profunda dese ben, da súa realidade material, do modo de facer e aparellar que nos amosa, dos seus materiais e das xeometrías que se verteron nel para responder ás necesidades das demandas mecánicas ou gravitatorias que lle afectaban, en definitiva, da materia-estrutura, tamén é imprescindible, pois todos eses xeitos de dar resposta aos problemas técnicos da obra son tamén parte da súa historia e deben ser documentados e interpretados.


Pero a percepción directa non sempre permite abarcar a totalidade das fábricas dun monumento. A memoria e a historia material non sempre dan acceso á realidade científica e tecnolóxica que lle deu orixe, unha realidade que tiña os seus modos de facer, a súa factura singular, que fixo posible a materialización arquitectónica ou cultural dese monumento e que está “arquivada” na fábrica deste como “documento construído”.


O proxecto , a dirección de obra e a memoria final dunha intervención como a do campanario de San Martiño Pinario tentaron achegarse a esas realidades científica e tecnolóxica que, aínda que subxacentes no monumento, inicialmente a observación directa sola non nos permite abarcalas. En definitiva , visto con perspectiva, podemos dicir que afrontamos ese traballo baixo a teoría de Francis Bacon en canto á “importancia de estudar os oficios a fin de que o científico poida aprender deles [e dos artesáns]”.

ASISTENCIA

INSCRICIÓN
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Entregarase diploma acreditativo de asistencia á xornada.
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións.

LUGAR

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705. Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

MAÍS INFORMACIÓN

MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal/mediateca

Ficha técnica 
Encontro.
Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural
A restauración do campanario de San Martiño Pinario
O achegamento ao proceso tecnolóxico e histórico nunha fábrica do mosteiro: proxecto de urxencia, obra e memoria final
Cando
Xoves, 30 de marzo de 2017
Onde
Santiago de Compostela
Enderezo

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705. Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Inauguración
Maximino Zumalave Caneda
Participante
José Luis Ramos Souto
Relator/a
Rebeca Blanco-Rotea
Manuel Chaín
Iago Seara Morales
Organiza
Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)