conferencia

Conversas con... José Antonio Millán arredor da lectura en España: retos e rutas

Xoves, 16 de marzo de 2017 ás 17:00 horas
Conversas con... José Antonio Millán arredor da lectura en España: retos e rutas

Conversas con... JOSÉ ANTONIO MILLÁN arredor da lectura en España: retos e rutas

A sesión contará coa participación do ensaísta e escritor José Antonio Millán, que conversará con Víctor Freixanes sobre A lectura en España: retos e rutas.

José Antonio Millán
Foi director da prestixiosa editorial Taurus; pioneiro do uso dos medios dixitais na cultura, creou o primeiro Diccionario de la Academia en CD-ROM e o Centro Virtual Cervantes en Internet, e mantén desde hai máis de vinte anos un sitio web de debate e información (http://jamillan.com).
É autor dunha trintena de libros de ensaio e literatura; foi traducido a moitos idiomas. Coordinou volumes colectivos, entre os que destacan tres entregas do Informe La lectura en España (2002, 2008 e 2016). É colaborador habitual de El País e esporádico de Letras Libres, Revista de Libros, entre outras publicacións.
Dirixiu una trintena de encontros, ciclos o seminarios para a Residencia de Estudiantes, a Institución libre de Enseñanza, o Círculo de Bellas Artes… Impartiu cursos e conferencias en universidades nacionais e de EEUU, Suíza, México ou Arxentina.
É licenciado en Lingüística e doutor en Literatura Comparada.

Conectate o Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova: