presentación

¿Es nuestro huso horario un problema?

Mércores, 22 de marzo ás 12:00h
Compartir:
Información

O debate público suscitado nos últimos tempos sobre a conveniencia ou non do cambio do fuso horario en Galicia, en particular, e en España, en xeral, e a súa resolución nun ou noutro sentido afecta a todos os niveis da poboación, así como aos hábitos e costumes.

É por isto que o Consello da Cultura Galega considerou pertinente realizar a partir da súa Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade, en outubro do pasado ano 2016, un debate, con defensores dunha ou outra postura, en relación cos cambios no fuso horario.

Conscientes do interese deste encontro, tomouse a decisión de publicar (en formato dixital, en galego e castelán) o presente libro baseado nos relatorios presentados no mesmo, desexando que a súa lectura e difusión contribúan a favorecer un diálogo sereno e asentado, sobre todo, no mellor coñecemento do que se dispón na actualidade.

Ficha técnica
¿Es nuestro huso horario un problema?
¿Es nuestro huso horario un problema?
Presentación. Mércores, 22 de marzo ás 12:00h
Coordinación
Jorge Mira Pérez

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205

Presenta
Francisco Díaz-Fierros Viqueira