encontro. Encontros monográficos co patrimonio cultural 12

O castelo da Rocha Forte. Entre o presente e o futuro dun xacemento arqueolóxico

Xoves, 27 de abril e Sábado, 29 de abril
Compartir:
Información

Un castelo na entrada de Santiago

O castelo da Rocha Forte foi unha fortaleza e residencia arcebispal situada na entrada á cidade de Santiago de Compostela. A primeira mención a ela data do século XIII, momento en que contaba cun séquito eclesiástico, e sería residencia arcebispal durante a execución das obras do Pazo de Xelmírez. Nas últimas décadas o castelo foi froito de diversas intervencións arqueolóxicas e de investigacións históricas e documentais que permitiron comprender a súa evolución no tempo e os procesos seguintes ao seu abandono; e, xa máis recentemente, dunha importante intervención de posta en valor. O castelo, esquecido durante moito tempo, foi porén obxecto de grande interese para a súa veciñanza, que creou a Asociación Cultural Rocha Forte co obxectivo de recuperar e valorizar socialmente os restos do castelo. Este Encontro realízase precisamente polo interese desta asociación de xerar un debate arredor da problemática actual do castelo e explorar vías na súa xestión futura. Nel interveñen axentes sociais, culturais ou públicos, desempeñando un papel moi importante na súa xestión o Concello de Santiago de Compostela. Este Encontro ten como obxectivo facer un percorrido polo labor da Asociación dende a súa constitución até a actualidade, dar a coñecer os resultados das últimas intervencións arqueolóxicas, así como a xestión patrimonial do xacemento. Pero tamén ten como mirada a confrontación de ideas, o debate aberto e a reflexión sobre a xestión do patrimonio.

Ficha técnica
O castelo da Rocha Forte. Entre o presente e o futuro dun xacemento arqueolóxico
O castelo da Rocha Forte. Entre o presente e o futuro dun xacemento arqueolóxico
Encontro. Xoves, 27 de abril e Sábado, 29 de abril
Coordinación
Rebeca Blanco Rotea
Organiza
Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705. Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Participante
María José Bóveda Fernández
María del Mar Bóveda López
Dolores Cerqueiro Landín
Carlos Delgado Fernández
Suso Noya López