xornada.

Ciberacoso: violencia de xénero e mocidade

Martes, 10 de outubro de 2017
Temáticas: Igualdade |
Información

O que fai da violencia un fenómeno de inxustiza social e non só unha acción individual moralmente mala é o seu carácter sistemático, a súa existencia en canto práctica social.
(Iris Marion Young)

 

O pensamento feminista en xeral e os feminismos organizados en concreto contribuíron decisivamente a que a violencia contra as mulleres saíra do peor dos lugares, o da inexistencia produto do silenciamento. Rachar o silencio implica coñecer, deixar de mirar para outro lado, e permite abrir vías para afondar nas lóxicas sociais e culturais que estruturan a dita violencia. Atender as súas constantes, variacións e reactualizacións para poder intervir ata conseguir erradicala é un obxectivo necesario. Para iso, o esforzo por dotármonos de conceptos, termos e espazos de reflexión que permitan pensar, comprender e atender esta realidade en toda a súa complexidade foi e segue a ser fundamental.

As mozas sofren a violencia en diferentes contornas, na familiar, na escolar e tamén nas primeiras relacións afectivas. A reprodución de estereotipos sexistas, a comprensión do amor como dominación e control ou a “normalización” da cultura da violación fan necesario desenvolver ferramentas educativas e lexislativas que permitan previr e tratar todas as novas formas de violencia. As redes sociais e o ciberespazo poden devir en espazos de liberdade e transformacións e, tamén, en novas trampas para reproducir os modelos de submisión e violencia contra as mulleres.

Atendendo a isto, desde a Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega consideramos importante contribuír ao debate social, e articulamos unha xornada que, desde unha óptica multidisciplinar, antropolóxica, educativa, xurídica, policial, entre outras, permita afondar na relación violencia e mocidade nas contornas vinculadas coas novas tecnoloxías. Propoñemos unha achega ás novas formas de violencia que, acotío e a través do ciberespazo, se traducen en formas de control e dominación sobre as mozas.

  

Imaxe da portada: Banksy (@thereaIbanksy). Agosto 29, 2014. pic.twitter.com/Q1dKwJHRi9

Ficha técnica
Ciberacoso: violencia de xénero e mocidade
Ciberacoso: violencia de xénero e mocidade
Xornada. Martes, 10 de outubro de 2017
Coordinación
Carme Adán Villamarín
Nieves Santomé Couto
Organiza
Comisión de Igualdade (CCG)

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705. Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Inauguración
María Xosé Porteiro García
Ramón Villares
Presenta
Carme Adán Villamarín
Ramón Máiz Suárez
Xosé Manuel Pereiro
Relator/a
Carmén Cajide Herves
Paz Filgueira Paz
Sonia Rama
Antonio Rial Boubeta
Laura Segato
Ana Torres Jack