xornada.

Sociedade móbil e cultura: novos e vellos desafíos

xoves, 9 de novembro de 2017
Compartir:
Información

A comunicación móbil configúrase como un dos elementos característicos e definitorios do ecosistema dixital que enmarca a sociedade rede da segunda década do terceiro milenio. As tendencias dos últimos anos mostran un crecemento espectacular no tráfico de mensaxes nestes dispositivos. E todos os indicadores e estudos de referencia apuntan que este modelo comunicativo e cultural veu para quedar.

Algúns datos recentes achegan evidencias da importancia destes dispositivos móbiles no ámbito da comunicación e da cultura. No ano 2016, o tráfico de Google alcanzou a marca do 50 por cento para dispositivos móbiles por primeira vez, fronte a un 42 por cento nos dispositivos de escritorio. E no ano 2017 esta cifra medrou ata o 60 por cento, mentres o de Facebook pasou do 78 por cento ao 87 por cento.

Neste contexto, o obxectivo desta xornada é analizar como a sociedade móbil está mudando usos e consumos de produtos culturais. Trátase de dispoñer de visións do novo marco, nas vésperas da cuarta revolución industrial, e da situación da cultura galega nese escenario en construción.

Esta primeira xornada que promove o Consello da Cultura pretende, pois, xuntar especialistas que sitúen e definan o marco xeral da actual comunicación móbil. A partir destas achegas, organizaranse diferentes actividades para analizar as consecuencias en todos os ámbitos do ecosistema cultural galego e fomentar o debate con actores do sector cultural do noso país.

 

Ficha técnica
Sociedade móbil e cultura: novos e vellos desafíos
Sociedade móbil e cultura: novos e vellos desafíos
Xornada. xoves, 9 de novembro de 2017
Comisión organizadora
Manuel Gago
Xosé López García
Alba Silva
Organiza
Consello da Cultura Galega

COORDINACIÓN
Xosé López García
Alba Silva
Manuel Gago


LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Relator/a
Juan Miguel Aguado
Eva Campos
João Canavilhas
Andreu Casero Ripollés
Manuel Gago
Koldo Meso
Oscar Westlund