xornada.

Persoas Refuxiadas ConCiencia
Análise da problemática das persoas refuxiadas desde a Ciencia e como persoas xeradoras de coñecemento

Xoves, 15 de febreiro de 2018
Temáticas: Ciencia |
Información

A xornada Persoas Refuxiadas ConCiencia nace como punto de encontro para reflexionar desde o contexto científico sobre os movementos de persoas refuxiadas. Dende a Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade queremos salientar o potencial do coñecemento das persoas que se moven. Isto supón unha perda de talento das rexións das que saen e un incremento deste nas rexións ás que chegan, se estas lles brindan as oportunidades necesarias para desenvolver os seus talentos.

Trataremos de identificar histórica e socialmente estes movementos con relatorios de persoas expertas no exilio científico español e galego. Dentro desta perspectiva histórica, analizamos nomeadamente as leccións aprendidas e por aprender do antisemitismo.

Para evidenciar a perda de valores que se silencia desde o esquecemento contaremos con documentais que seguiron estas persoas nos movementos recentes, co obxectivo de facer presente a realidade actual.

Queremos poñer a énfase nas persoas xeradoras de ciencia para as que a condición de refuxiadas nun momento da súa traxectoria vital puido ou pode lastrar o desenvolvemento do seu talento científico. Para compartir estas realidades contamos cun investigador sénior e varios estudantes e investigadores en formación da USC que están a desenvolver as súas carreiras na actualidade e que compartirán vivencias persoais e científicas.

Finalmente, coas lentes da ciencia, analizarase na xenética a importancia da diversidade e a contribución das migracións a esta.

Imaxe: Gabriel Tizón

Ficha técnica
Persoas Refuxiadas ConCiencia<br><small>Análise da problemática das persoas refuxiadas desde a Ciencia e como persoas xeradoras de coñecemento</small>
Persoas Refuxiadas ConCiencia
Análise da problemática das persoas refuxiadas desde a Ciencia e como persoas xeradoras de coñecemento
Xornada. Xoves, 15 de febreiro de 2018
Coordinación
Elena Vázquez Cendón
Organiza
Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade (CCG)

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Autoria
Zaid AlHamwy
Francisco Díaz-Fierros Viqueira
Gino Toro
Ramón Villares
Presenta
Almudena Hospido
Encarna Otero
Relator/a
Kamal Aldalati
Anxo Carracedo
José Edelstein
Rania Ali Salman El-Kouz
Ricardo Gurriarán
Luis Enrique Otero Carvajal
Gabriel Tizón
Eleuterio Toro