encontro. Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural 17

Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural 17

A panificadora de Vigo
De “Salvemos a Panificadora” á proposta gañadora do concurso de ideas para a ordenación urbanística da área da Panificadora convocado polo Concello de Vigo

Martes, 27 de febreiro de 2018
Compartir:
Información

O complexo industrial da Panificadora, proxectado por Manuel Gómez Román e Otto Werner (1924), foi, e é, un emblema da contemporaneidade, da innovación e da bela arquitectura industrial da cidade de Vigo, A partir da última década do século XX, chegou a un estado de deterioración e ruína, ao que se sumou a burbulla inmobiliaria, que fixo temer seriamente pola súa conservación. A mobilización a través de varias plataformas cidadás e o recoñecemento do seu valor cultural dende as administracións públicas (Xunta de Galicia, Concello de Vigo) e tamén dende outras institucións (COAG, DOCOMOMO) parece que van facer posible a súa rehabilitación.

Na Panificadora de Vigo concéntranse moitos dos factores aos que o Plan Nacional de Patrimonio Industrial atribúe a precariedade deste patrimonio: a situación nun espazo urbano privilexiado, o gran número de elementos que conservar e a dificultade da súa conservación íntegra, a perda de funcionalidade, a gran superficie nunha propiedade única e, finalmente, a diversidade de criterios á hora de enfrontar a súa conservación.

O Concello de Vigo convocou no ano 2017 un concurso de ideas para a ordenación do ámbito do complexo industrial e a definición de usos, vendo a reutilización como  clave para a súa preservación e recuperación. O proxecto seleccionado foi a proposta elaborada polos arquitectos Jorge Salgado Cortizas e Celso López Martín.

Ficha técnica
A panificadora de Vigo<br><small>De “Salvemos a Panificadora” á proposta gañadora do concurso de ideas para a ordenación urbanística da área da Panificadora convocado polo Concello de Vigo</small>
A panificadora de Vigo
De “Salvemos a Panificadora” á proposta gañadora do concurso de ideas para a ordenación urbanística da área da Panificadora convocado polo Concello de Vigo
Encontro. Martes, 27 de febreiro de 2018
Coordinación
Teresa Nieto
Organiza
Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)

LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Relator/a
María José Caride Estévez
Celso López Martín
Francisco Pérez Fernández
Jorge Salgado Cortizas