VII Encontros para a Normalización Lingüística

23 e 24 de outubro de 2003
Información

Un ano máis a sociolingüística galega volve ter un punto de encontro para cambiar información e participar das iniciativas que procuran situar na normalidade o noso idioma. Con este obxectivo, o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia quere colaborar na difusión do labor daquelas entidades que están definindo un espacio propio para o galego dentro das novas tecnoloxías.


Mais a actualidade lévanos, non só a reparar nas novas oportunidades que xorden para as linguas minorizadas, senón tamén a observar outros condicionantes que van transformando as características sociais da nosa lingua no tempo. A situación en que se encontra a lingua galega no medio urbano e as diferentes experiencias e propostas de actuación neste ámbito constitúen un dos aspectos fundamentais desta sétima edición dos Encontros para a Normalización Lingüística.


Na área de experiencias, onde anualmente se expoñen as iniciativas postas en marcha en diferentes ámbitos, dedicarémoslles atención ós diversos proxectos empresariais vinculados coa lingua, e á rendibilidade e á contribución á normalización do idioma.

Ficha técnica
VII Encontros para a Normalización Lingüística
VII Encontros para a Normalización Lingüística
Encontro. 23 e 24 de outubro de 2003
Ámbito
Coordinadora de Traballadores e Traballadoras de Normalización da Lingua

Colabora
Escola Galega de Administración Pública

Organiza
Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CCG)

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n 15705
Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202 / Fax.: 981 957 205