encontro

IX Encontros para a Normalización Lingüística

20 e 21 de outubro de 2005
Información

Se a aprobación do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega supuña unha mudanza no horizonte de expectativas no campo da recuperación social da lingua, hoxe temos que sumarlle a apertura dunha nova etapa política.

Estes IX Encontros para a Normalización Lingüística queren ser o foro desde o que se fqaga balance do último que levamos andado e, sobre todo, no que agromen propostas para un futuro en que o impulso político, o consenso social e a vertebración de iniciativas van ser factores ineludibles.

Este ano os Encontros estrutúranse arredor de tres bloques temáticos:

   A investigación sobre o galego e a súa aplicación á normalización lingüística: liñas prioritarias de actuación.

   A promoción da lingua galega no exterior: análise e propostas.

   A Secretaría Xeral de Política Lingüística: liñas programáticas e implementación do PXNLG

Ficha técnica
IX Encontros para a Normalización Lingüística
IX Encontros para a Normalización Lingüística
Encontro. 20 e 21 de outubro de 2005
Colabora
Coordinadora de Traballadores e Traballadoras de Normalización da Lingua

Organiza
Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CCG)

Escola Galega de Administración Pública


Polígono das Fontiñas, Rúa de Madrid, 2-4


15707 Santiago de Compostela