
Encontro. Encontros para a normalización
X Encontros para a Normalización Lingüística
no Auditorio de Galicia, o 26 e 27 de outubro de 2006Santiago de Compostela
Encontro
X Encontros para a Normalización Lingüística
no Auditorio de Galicia, o 26 e 27 de outubro de 2006 Santiago de CompostelaA presente convocatoria dos Encontros será a décima, todo un fito indicativo da consolidación e madureza dunha iniciativa que naceu e se vén alimentando das suxestións, propostas e colaboracións de colectivos, profesionais e persoas comprometidas na normalización da lingua. Tamén se cumpren este ano 2006 os dez anos da creación do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia do Consello da Cultura Galega, promotor e organizador dos Encontros.
Nesta X edición introducimos unha novidade importante no programa, cal é a consideración de cuestións relacionadas coa planificación lingüística no sistema educativo, en particular, un elemento ao que se lle ten atribuído un papel dinamizador de grande importancia: os equipos de normalización lingüística dos centros de ensino. Ao introducirmos este asunto, agardamos contar coa presenza de persoas implicadas nesta área de actividade, o que suporá a diversificación do público asistente aos Encontros. O devandito non significa tanto que o centro de interese tradicionalmente dos Encontros (as administracións públicas) varíe, como que ampliamos a perspectiva, co obxectivo de lograr unha maior sinerxia dos esforzos realizados entre os distintos sectores, para o que coidamos que se deben procurar e estimular distintas vías de coordinación.
Noutros aspectos, o programa destes X Encontros segue as liñas emprendidas anteriormente. Queremos chamar a atención sobre tres puntos concretos: a importancia da reforma do Estatuto de Autonomía de Galicia e o novo estatus legal que o galego pode adquirir neste marco; a importante e delicada cuestión dos perfís lingüísticos nos postos das administracións públicas, sobre a que encargamos un traballo específico a dous reputados expertos administrativistas; e o problema emerxente da inmigración e o seu tratamento desde a perspectiva da integración sociocultural e a normalización lingüística. De resto, daremos continuidade á experiencia que estreamos na convocatoria pasada, o espazo Proxecta, en que se presentan empresas, experiencias e materiais relacionados coa normalización lingüística, e que suscitou un grande interese, tanto do público coma dos expositores.
Co esforzo e a participación de todos e todas, aprendendo da propia experiencia e do coñecemento de experiencias semellantes, mediante a reflexión, o diálogo e a colaboración, esperamos seguir contribuíndo a abrir o camiño da normalización do idioma galego, o que constitúe a grande empresa que nos inspira e nos anima.
X Encontros para a Normalización Lingüística
no Auditorio de Galicia, o 26 e 27 de outubro de 2006 Santiago de CompostelaAuditorio de GaliciaAv. do Burgo das Nacións, s/n,
15704 Santiago de Compostela
MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal/mediateca
X Encontros para a Normalización Lingüística
no Auditorio de Galicia, o 26 e 27 de outubro de 2006 Santiago de CompostelaSolicita a túa inscrición
X Encontros para a Normalización Lingüística
Encontro. no Auditorio de Galicia, o 26 e 27 de outubro de 2006Inauguración
- 2006-10-26 10:00:00
Avaliación de modelos de ensino en dúas linguas: vantaxes, dificultades e resultados
- 2006-10-26 10:30:00
Ignasi Vila
Coloquio: Avaliación de modelos de ensino en dúas linguas: vantaxes, dificultades e resultados
- 2006-10-26 11:30:00
Ignasi Vila
Mesa de traballo: O modelo lingüístico do sistema educativo galego.
- 2006-10-26 12:45:00
Austín Fernández Paz
Bieito Silva Valdivia
Coloquio: O modelo lingüístico do sistema educativo galego.
- 2006-10-26 13:45:00
Agustín Fernández Paz
Bieito Silva Valdivia
Mesa de traballo: Os ENL: valoración das súas actividades e presentación de iniciativas e recursos para a súa reorientación.
- 2006-10-26 16:30:00
María Diéguez
Xosé Lois Bouzas Millán
Mercedes Queixas
Coloquio: Os ENL: valoración das súas actividades e presentación de iniciativas e recursos para a súa reorientación.
- 2006-10-26 17:30:00
María Diéguez
Xosé Lois Bouzas Millán
Mercedes Queixas
Posibilidades de coordinación na actividade dos SNL e os ENL.
- 2006-10-26 18:45:00
Goretti Sanmartín Rei
Coloquio: Posibilidades de coordinación na actividade dos SNL e os ENL.
- 2006-10-26 19:45:00
Goretti Sanmartín Rei
Presentación do Kit para a normalización da lingua.
- 2006-10-26 20:00:00
Rosario Pérez Magdalena
Presentación do Observatorio de Dereitos lingüísticos.
- 2006-10-27 16:45:00
Elsa Quintas
Coloquio: Presentación do Observatorio de Dereitos lingüísticos.
- 2006-10-27 17:15:00
Elsa Quintas
Ficha técnica
Encontro.
Encontros para a normalización
X Encontros para a Normalización Lingüística
Data
no Auditorio de Galicia, o 26 e 27 de outubro de 2006Lugar
Auditorio de GaliciaAv. do Burgo das Nacións, s/n,
15704 Santiago de Compostela