O Consello da Cultura Galega colabora na organización das II Xornadas internacionais de educación ambiental do CEIDA que terán lugar no Castelo de Santa Cruz de Oleiros entre o 23 e o 27 de abril de 2018. Do amplo programa de actividades destacamos dúas nas que participan representantes do Consello da Cultura Galega.
23 de abril
10.00 horas Acto Inaugural a cargo de Ángel García Seoane, Alcalde do Concello de Oleiros; Beatriz Mato Otero, Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia; Julio Abalde Alonso, Reitor da Universidade da Coruña; Ramón Villares Paz, Presidente do Consello da Cultura Galega e Carlos Vales Vázquez, Director do CEIDA
27 de abril
10.00 horas A Educación Ambiental fronte ao Cambio Climático e os Incendios forestais
Modera: D. Domingo Calvo Dopico, Vicerreitor de Economía, Infraestruturas e Sostibilidade da Universidade da Coruña
Participan: Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Catedrático Emérito de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago de Compostela. Coordinador da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello de Cultura Galega; Pablo Meira Cartea, Profesor Titular de Educación Ambiental na Universidade de Santiago de Compostela; María da Conceiçao Almeida Colaço, Enxeñeira forestal e consultora da FAO para a xestión forestal e autora da tese sobre a importancia da Educación Ambiental para reducir os incendios en Portugal
Inscrición e programa completo en: http://www.ceida.org/gl/formacion-gl/ii-xornadas-internacionais-de-educacion-ambiental-do-ceida